Anjou, ducado de
Título dado por Xoán II de Francia en 1384 sobre o antigo condado de Anjou ao seu fillo Luís, Rei de Nápoles (1382-1384) e fundador da terceira dinastía anxevina. O ducado foi propiedade dos reis de Nápoles ata 1480, cando á morte de Renato II pasou definitivamente á coroa de Francia baixo o reinado de Luís XI (1481). A partir dese momento, case sempre levaron ese título, de xeito honorífico, os membros da casa real francesa: Francisco Hércules, duque de Alençon e fillo de Enrique II de Francia, Enrique III de Francia, Filipe V de España e, entre outros, Luís XVIII de Francia. Logo da morte do conde de Chambord (1883), algúns dos pretendentes carlistas españois atribuíronse ese título. Dende 1946, o infante Xaime, fillo de Afonso XIII de España, fixo valer os seus dereitos sobre o ducado.