Anllóns, esteiro do río

Anllóns, esteiro do río

Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.

Palabras veciñas

Anllo | Anllóns | Anllóns | Anllóns, esteiro do río | Anllóns, San Fiz de | anmoor* | Ann Arbor