Annakin, Ken
Annakin, Ken
Realizador cinematográfico inglés. Formouse a carón de Carol Redd como asistente. A temática que emprega nas súas películas alicérzase na aventura e na acción, no espectáculo e nas referencias pintorescas. Malia que non triunfou cos seus dramas psicolóxicos, experimentou con outros xéneros como o western, co que si obtivo resultados interesantes. Entre os seus filmes destacan Holiday camp (Cupido de vacacións, 1947), Miranda (1948), Those magnificent men in their flying machines (Eses homes marabillosos coas súas máquinas voadoras, 1963), Battle of the Bulge (Unha batalla no inferno, 1966) e Joseph and Emma (1990).
Cronología
-
Nacemento