anódico -ca

anódico -ca

(< ánod(o)

  1. adx [FÍS/QUÍM]

    Pertencente ao ánodo, que emana do ánodo.

  2. efecto anódico [FÍS/QUÍM]

    Na electrólise por ignición, incremento importante e súbito da voltaxe, que se produce cando a densidade de corrente anódica sobrepasa un certo valor crítico. O efecto anódico está causado pola formación, entre o ánodo e o electrólito fundido, dunha película gasosa continua que actúa coma un illante.

  3. lodos anódicos [FÍS/QUÍM]

    Nunha electrólise, lodos que se producen no espazo anódico ao desagregarse os ánodos solubles.

  4. raios anódicos [FÍS]

    Nun tubo electrónico, ións positivos que se forman polas impurezas existentes na superficie do ánodo metálico cando o baleiro é moi elevado e o campo eléctrico moi intenso.

Palabras veciñas

Añobre | anoclesia | anodar | anódico -ca | anodinia | anódino -na | anodización