anódico -ca
anódico -ca
(< ánod(o)
-
adx
[FÍS/QUÍM]
Pertencente ao ánodo, que emana do ánodo.
-
efecto anódico
[FÍS/QUÍM]
Na electrólise por ignición, incremento importante e súbito da voltaxe, que se produce cando a densidade de corrente anódica sobrepasa un certo valor crítico. O efecto anódico está causado pola formación, entre o ánodo e o electrólito fundido, dunha película gasosa continua que actúa coma un illante.
-
lodos anódicos
[FÍS/QUÍM]
Nunha electrólise, lodos que se producen no espazo anódico ao desagregarse os ánodos solubles.
-
raios anódicos
[FÍS]
Nun tubo electrónico, ións positivos que se forman polas impurezas existentes na superficie do ánodo metálico cando o baleiro é moi elevado e o campo eléctrico moi intenso.