anomalía
(< lat anomalĭa < gr ἀνωμαλία)
-
s
f
Irregularidade, falta de conformidade cunha regra xeral.
Ex: O documento ten tantas anomalías que non hai por onde collelo.
-
s
f
Cousa anómala.
Ex: É unha anomalía que non se volverá repetir.
-
[ASTRON]
-
s
f
Distancia angular, tomando como centro o Sol, dende o perihelio dun planeta ata o punto da órbita no que se atopa o planeta (anomalía verdadeira) ou no que se atoparía, se o seu movemento fose uniforme (anomalía media).
-
anomalía do Sol
Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai dende a liña das ápsides ata o Sol. Pódese referir ao Sol verdadeiro (anomalía verdadeira do Sol) ou ao Sol fiticio (anomalía media do Sol); a diferenza entre ambas recibe o nome de ecuación do centro.
-
s
f
-
s
f
[BIOL]
Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.
-
s
f
[METEOR]
Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal. Acostúmase a considerar a anomalía térmica para indicar a diferencia entre o valor medio anual da temperatura nun lugar determinado e o valor que lle correspondería segundo a latitude.
-
s
f
[XEOG]
ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre. A anomalía da gravidade é a diferenza entre o valor teórico calculado por un elipsoide ideal e o valor medido experimentalmente. Considéranse principalmente dúas anomalías: dunha banda, a anomalía ao aire libre, dada pola diferenza entre o valor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto no que se fai a observación e o valor teórico que resulta do modelo do xeoide; e da outra banda, a anomalía de Bouguer, que corrixe os efectos da masa da codia terrestre que hai debaixo do observador, entre este e o xeoide. Os modelos da isostasia indicaron que a anomalía podería ter dúas contribucións: a correspondente á topografía (elevación sobre o nivel medio) e a debida ás raíces que desprazan o material máis denso dentro do manto. Así, canto máis alta é unha montaña máis material denso do manto despraza, de maneira que a anomalía real é menor ca a que se esperaría se só fose debida á topografía. Por outra parte, as anomalías magnéticas (producidas pola presenza de masas minerais fortemente magnéticas) son medibles con un magnetómetro ou variómetro. As técnicas de prospección mineira baséanse substancialmente na medición das anomalías.
-
anomalía conxénita
[PAT]
Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación, e que, polo tanto, está presente dende o nacemento, aínda que pode pasar inadvertido durante un tempo, incluso ata a vida adulta. Pode ser de carácter hereditario ou debida a causas ambientais.
-
anomalía cromosómica
[XEN]
aberración cromosómica.