Anolis

Anolis
[ANIMAL]

Xénero de réptiles saurios da familia dos iguánidos, que comprende 300 especies de América meridional. Posúen unha especie de bolsa no pescozo que se fai máis patente coa erección dun cartílago situado na base das mandíbulas; esta ten xeralmente unha coloración moi viva nos machos e falta nas femias dalgunhas especies. Teñen os dedos das mans e dos pés dilatados, aplanados e cubertos na parte inferior dunha serie de láminas dispostas en sentido transversal. Son de costumes arborícolas e cambian de cor con facilidade.

Palabras veciñas

1 anoitecer | 2 anoitecer | anoitecida | Anolis | anom(o)- | anomalía | anomalista