anónimo -ma
(< gr ἀνώνυμος ‘sennome’ < ἀν ‘sen’ + ὅνυμος ‘nome’)
-
adx e s
m
-
Que non ten nome do autor. A historia da literatura presenta numerosos casos de anónimos. Un primeiro grupo foi o de obras de transmisión oral. Exemplos deste anonimato son boa parte das obras desde as orixes da literatura, que poden ser atribuídas a personaxes lendarios: as cancións de xesta (Cantar de Mio Cid), o cancioneiro tradicional (Conde Arnaud) e outros. Hai tamén anónimos xurdidos na tradición manuscrita, xeralmente debido a erros ou defectos na conservación ou copia do texto, ou á despersonalización do autor ata épocas relativamente recentes. É necesario mencionar o anónimo do autor que esconde deliberadamente a súa personalidade, neste caso presuponse a existencia de presións políticas, sociais ou persoais.
Ex: O Lazarillo de Tormes é anónimo.
-
Que non fai coñecer o seu nome.
Ex: Este panfleto é un anónimo.
-
-
s
m
-
Carta anónima.
Ex: Recibiu un anónimo dun antigo noivo da xuventude.
-
[DER]
Escrito de autor descoñecido que contén palabras ou frases de carácter ofensivo ou ameazantes.
Ex: Depositaron no xulgado os anónimos que foron recibindo nos últimos meses.
-
-
sociedade anónima
[DER/EMPR/ECON]
sociedade.
-
[INFORM]
FTP anónimo.