anónimo -ma

anónimo -ma

(< gr ἀνώνυμος ‘sennome’ < ἀν ‘sen’ + ὅνυμος ‘nome’)

  1. adx e s m
    1. Que non ten nome do autor. A historia da literatura presenta numerosos casos de anónimos. Un primeiro grupo foi o de obras de transmisión oral. Exemplos deste anonimato son boa parte das obras desde as orixes da literatura, que poden ser atribuídas a personaxes lendarios: as cancións de xesta (Cantar de Mio Cid), o cancioneiro tradicional (Conde Arnaud) e outros. Hai tamén anónimos xurdidos na tradición manuscrita, xeralmente debido a erros ou defectos na conservación ou copia do texto, ou á despersonalización do autor ata épocas relativamente recentes. É necesario mencionar o anónimo do autor que esconde deliberadamente a súa personalidade, neste caso presuponse a existencia de presións políticas, sociais ou persoais.

      Ex: O Lazarillo de Tormes é anónimo.

    2. Que non fai coñecer o seu nome.

      Ex: Este panfleto é un anónimo.

  2. s m
    1. Carta anónima.

      Ex: Recibiu un anónimo dun antigo noivo da xuventude.

    2. [DER]

      Escrito de autor descoñecido que contén palabras ou frases de carácter ofensivo ou ameazantes.

      Ex: Depositaron no xulgado os anónimos que foron recibindo nos últimos meses.

  3. sociedade anónima [DER/EMPR/ECON]

    sociedade.

  4. [INFORM]

    FTP anónimo.

Palabras veciñas

anonáceo -a | anonimato | anonimia | anónimo -ma | anopistógrafo | anopla | anopluro -ra