anortita
anortita
s
f
[MINERAL]
Silicato de aluminio e calcio, de fórmula CaAl2 Si2 O8, do grupo dos feldespatos. É o mineral máis básico da serie isomorfa das plaxioclasas. Cristalízase no sistema triclínico e os cristais transparentes son incoloros, rosas ou verdes. Ten unha dureza 6-6,5 e peso específico 2,76. Forma parte esencial das rochas ígneas básicas, aínda que se pode presentar illada formando drusas.