anortosa
anortosa
s
f
[MINERAL]
Silicato de aluminio, sodio e potasio (Na,K)AlSi3 O8, do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico; está formado pola mestura isomorfa de albita e de ortosa, e presenta a miúdo maclas. É incoloro ou branco. Ten dureza 6 e peso específico 2,6. Só é estable a altas temperaturas, pero pode atoparse en rochas volcánicas que se consolidaron lentamente.