Antártica, Península

Antártica, Península

Península da Antártida que separa o mar de Weddell do mar de Bellingshausen. Coñecida tamén polo nome de Terra de Graham, península de Palmer ou Terra de O´Higgins, ten 1.500 km de lonxitude e culmina a 4.171 m de alt. Tectonicamente e petrograficamente é continuación da cordilleira andina, que se prolonga por debaixo do océano polo Scotia Ridge. Parte deste territorio podería ser de carácter insular, soldado hoxe con inlandsis. A península sufriu dobramentos e fracturacións que conformaron as tres aliñacións montañosas que a percorren. O litoral é moi recurtado, con numerosos fiordes, illas e canais onde afloran algunhas rochas eruptivas (principalmente basaltos). Cara ao mar de Weddell esténdese a Terra de Coats; nesta área o glaciarismo é moi notable. O Reino Unido, Arxentina e Chile reivindican a súa soberanía.