Antas

Antas
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de procedencia portuguesa. Algúns xenealoxistas din que pertencen a esta familia os Antas de Ourense. As súas armas levan, en campo de goles, unha cruz formada por seis losanxes de prata en forma de cruz; catro colocados en situación de pau e unidos nos seus extremos, e os outros dous postos un a cada lado do segundo losanxe, tocándoo nos seus extremos.