Anteiac, Aimerico de
Anteiac, Aimerico de
Tesoureiro, de orixe francesa, do bispo Berenguel de Landoira (1317-1330) na catedral de Santiago de Compostela. Dispuxo a compilación dos Tombos B e C da catedral e o Libro segundo de constitucións e activou durante o segundo cuarto do s XIV a escribanía (scriptorium) catedralicia, de onde saíron as tres copias do Liber Sancti Iacobi (Códice Calixtino).