Antequera y Castro, José de
Administrador hispanoamericano. Foi oídor da Audiencia de Panamá e protector de indios na Audiencia de Charcas. En 1721 enviárono a Paraguai para resolver as diferencias entre os crioulos e o gobernador de Asunción, Diego de los Reyes Balsameda. Adheriuse ás posicións dos crioulos e destituíu o gobernador; así mesmo, apoiado polo cabido ocupou el mesmo o cargo de gobernador. En 1723, o conflito rematou en tensións bélicas que levaron á invasión das misións dos xesuítas e á derrota dos guaranís. Malia que o vicerrei ordenou a reposición de Reyes en Asunción, Antequera logrou resistir ata 1725, cando entrou nesa cidade Bruno de Zabala, que procedía de Bos Aires. Procurou a súa defensa perante a Audiencia de Charcas, sen embargo, foi detido e enviado a Lima, onde foi condeado a morte. Morreu no transcurso dun motín popular que se produciu en Lima no momento en que ía ser axustizado.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Panamá -
Deceso
Lugar : Lima