anticlímax

anticlímax

(< anti- + clímax)

  1. s m [LIT]

    Figura que consiste en pasar, nunha frase, dunha gradación ascendente a outra descendente.

  2. s m [LIT]

    Nunha obra dramática, acción descendente que segue á culminación dunha acción tensa na que o autor acumulou un número extenso de efectos expresivos e conceptuais ( climax).