anticonxelante

anticonxelante

(< anti- + conxelante)

  1. adx

    Que evita a conxelación.

  2. s m [QUÍM]

    Substancia que se engade a un líquido -xeralmente auga- para lle rebaixar o punto de conxelación. Utilízase, polo xeral, para previr a conxelación da auga dos sistemas de refrixeración dos motores de combustión interna. Hoxe en día, o máis empregado é o etilenglicol. Os principais requirimentos dun anticonxelante son: capacidade para rebaixar o punto de conxelación da auga por debaixo das temperaturas mínimas invernais, estabilidade química, miscibilidade coa auga, capacidade anticorrosiva e ininflamabilidade.