antigüidade

antigüidade

(

  1. s f

    Calidade de antigo.

    Ex: A antigüidade dun monumento dátase coa axuda de especialistas.

    Antónimos: modernidade, modernismo.
  2. s f [HISTORIOG/CRON]

    Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    Ex: Galicia foi habitada na antigüidade por pobos indoeuropeos.

    Antónimos: actualidade.
  3. s f pl

    Obxectos antigos.

    Ex: Meu pai ten unha gran colección de antigüidades da China e do Xapón.

    Confrontacións: antigalla.
  4. s f [DER]

    Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha admistración, ou ben desde que desempeña unha determinada categoría.

    Ex: O convenio colectivo conxelará as antigüidades para favorecer as contratacións.

    Confrontacións: veteranía.
  5. antigüidade clásica.

    O conxunto da cultura greco-romana.

Refráns

  • Casa de pai, viña de avó e oliveira de bisavó.
  • Taberna vella non precisa na porta ramalleira.