Antikomintern, pacto

Antikomintern, pacto
[HIST]

Pacto asinado por Alemaña e Xapón o 25 de novembro do 1936 para opoñerse á Internacional Comunista (Komintern). Posteriormente adheríronse Italia (1937), Manchukuo e España (1939), Hungría (1940) e Bulgaria (1941). En novembro de 1941 renovouse o pacto por un período de cinco anos, que non se chegou a cumprir debido á derrota das potencias do Eixe na Segunda Guerra Mundial.