Antilíbano

Antilíbano

Sistema montañoso que forma a fronteira entre os estados do Líbano e Siria, paralelo á cordilleira do Líbano e separado destas polo val de al-Biqā’. Atinxe a altitude máxima no monte Hermón (ár: Ǧ abal alaykh, 2.814 m). É unha rexión árida e pouco poboada.