Antillas do Sur, arco das
Antillas do Sur, arco das
Aliñación oroxénica submarina que prolonga os relevos de Terra do Fogo en dirección leste ata os relevos volcánicos das illas Sandwich do Sur. Desde alí, bordeando polo S a fosa do Meteoro (8.264 m de profundidade), ten lugar unha inflexión de 180° para enlazar, polas illas Orkney do Sur, cos relevos dobrados da Terra de Graham, na Antártida.