antimateria
antimateria
(
s
f
[FÍS]
Materia formada por antipartículas, é dicir, por estruturas de antiprotóns, antineutróns e positróns. Téñense observado antipartículas en dúas situacións: nos aceleradores de partículas e nos raios cósmicos. A formación de antimateria con estruturas máis complicadas (antiátomos e antimoléculas) está limitada polo fenómeno da aniquilación partícula-antipartícula polo que a antimateria é inestable nunha área de materia. Non obstante , conseguiuse producir antinúcleos (formados por antiprotóns e antineutróns): antideuterón e antihelio.