antimentalismo

antimentalismo

(

s m [LING]

Concepción predominante na lingüística norteamericana de comezos do s XX. Segundo esta tendencia, a aprendizaxe da linguaxe é froito dun proceso de hábito e de condicionamento por repetición. O seu principal representante é L. Bloomfield, que segue as tendencias da psicoloxía condutista. Interésase só polos feitos lingüísticos que poden ser medidos de maneira obxectiva e deixa fóra o significado léxico, por considerar que é imposible de rexistrar. Por iso mesmo o lingüista non pode tomarse a si mesmo como obxecto de estudo nin fiarse das súas intuicións, xa que isto entraría no terreo da conciencia e do meramente subxectivo.

Palabras veciñas

antimaculador | antimateria | antimensa | antimentalismo | antimeridiano | antímero | antimetábole