antinovela

antinovela

(

s f [LIT]

Modalidade narrativa desenvolvida no século XX que se caracteriza pola subversión dos esquemas da novela tradicional. Este tipo de ficións privilexia a forma do discurso fronte á anécdota e incorpora novos modos de analizar a realidade a través dunha estrutura fragmentada e aberta á intervención do lector, da desorganización espacio-temporal, da falta dunha temática coherente e da difuminación da figura do personaxe. Fronte á omnisciencia editorial tradicional predomina o obxectivismo do narrador, que renuncia a interpretar a interioridade do personaxe e só amosa a súa exterioridade. A antinovela pode asociarse co Noveau Roman francés, a New Fition norteamericana ou co movemento da Nova Narrativa galega.

Palabras veciñas

Antínoo | Antinoópolis | Antinoria | antinovela | antinuclear | antinucleón | Antíoco I