antinuclear

antinuclear

(< anti- + nuclear)

  1. adx

    Que se opón ao uso da enerxía ou das armas nucleares.

  2. s m

    Todo aquilo que se relaciona coa defensa ou protección contra os efectos das radiacións nucleares. Comprende dende a construción de refuxios antiatómicos ata a protección do corpo con vestidos e máscaras especiais. Despois dunha explosión nuclear pódese detectar a presenza de actividade residual e proceder á súa descontaminación. As doses de radioactividade recibida están controladas por contadores Geiger.

Palabras veciñas

Antinoópolis | Antinoria | antinovela | antinuclear | antinucleón | Antíoco I | Antíoco II