Antíoco III
Antíoco III
Rei de Siria (223-187). Fillo de Seleuco II, irmán e sucesor de Seleuco III. Ao comezar o seu reinado atopouse cun estado revolto e desfeito. Dirixiu persoalmente o goberno e o mando do exército e dominou Exipto, Bactriana, India e Partia, logo adoptou o título de Gran Rei, a semellanza dos emperadores persas. Coa axuda de Aníbal, que vivía na súa corte, enfrontouse a Roma, pero foi vencido en Grecia e tivo que asinar a Paz de Apamea, pola que renunciaba a todos os territorios ao O do Tauro e impoñíaselle un forte tributo. Isto levouno a saquear os tesouros dos templos, motivo polo que foi asasinado en Persia, preto de Susa.
Cronología
-
Deceso