Antistio, Caio

Antistio, Caio

Militar romano que mandou unha das tres columnas -as outras dúas ían dirixidas por Publio Carisio e Octavio Augusto- que no ano 29 a C comezan a serie de campañas coñecidas como guerras astur-cántabras, que acadaron o sometemento dos derradeiros pobos e territorios que estaban irredentos ao poder de Roma na Península Ibérica. Parece que Antistio se encargou das lexións X Gemina e VI Vitrix con base en Bracara Augusta, sendo el quen, tras moitas dificultades causadas tanto pola orografía como polo carácter guerreiro dos indíxenas, venceu de maneira definitiva os cántabros entre os anos 29 e 25 a C.