antiteatro

antiteatro

(

s m [ESPECT]

Termo aparecido nos anos cincuenta do s XX para referirse ás pezas teatrais que romperon cos principios básicos do teatro clásico tradicional; isto é, coas regras das tres unidades (acción, lugar e tempo), cos conceptos de ilusión e imitatio, coa acción lóxica dos acontecementos, cos valores heroicos ou mesmo coa coherencia dos personaxes. Naceu coa obra de Eugène Ionesco La Cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) que o propio autor cualificou de “antiobra” e pasou a designar todas as obras da época como En attendant Godot, (Agardando por Godot, 1953). En galego temos a obra Cochos (1992) de Roberto Vidal Bolaño.

Palabras veciñas

antitabaco | antitanque | Antitauro | antiteatro | antitérmico -ca | antiterrorista | antítese