antivírico -ca
antivírico -ca
(< anti- + vírico)
-
adx e s
m
[FISIOL]
Que ou o que actúa contra os virus.
-
axente antivírico
[QUÍM]
Substancia química natural ou de síntese que destrúe os virus. Entre os axentes antivíricos de síntese existen certas moléculas análogas aos nucleósidos que bloquean a duplicación do DNA vírico, como a vidarabina e a acicloguanosina. Entre os axentes naturais destaca o interferón.