antixénico -ca
antixénico -ca
(< antíxeno)
-
adx
[FISIOL]
-
Relativo ou pertencente aos antíxenos.
-
Que produce antíxenos.
-
-
determinante antixénico
[FISIOL]
Pequena rexión da molécula do antíxeno que permite o desencadeamento da resposta inmune. Cada antíxeno dispón habitualmente de múltiples determinantes antixénicos.
-
modulación antixénica
[MED]
Modificación dos compoñentes da membrana celular, xeralmente reversible, provocada polos anticorpos dirixidos especialmente contra eles; en consecuencia orixínase unha perda da especificación inicial. Esta técnica é utilizada nos transplantes de órganos para diminuír a posibilidade de rexeitamento por parte do receptor.