Antofagasta

Antofagasta

Capital da rexión de Antofagasta, en Chile (236.730 h [estim 1995]). Fundada en 1870 por mineiros chilenos de Atacama, pertencente daquela a Bolivia. A ocupación da cidade polo exército chileno (1879) foi a orixe da Guerra do Pacífico contra Perú e Bolivia. Centro comercial internacional de Atacama e porto de exportación das rexións mineiras do norte de Chile e Bolivia (cobre, nitratos, xofre, prata e outros minerais). As industrias locais son, polo xeral, derivadas da minería (refinerías de nitratos e xofre, xabón, pinturas). É tamén un importante nó de comunicacións (ferrocarril e estradas cara a Bolivia, Arxentina e o interior do propio estado). Posúe aeroporto internacional en Cerro Moreno e universidade.