Antoine, André

Antoine, André

Actor, director de escena e realizador cinematográfico francés. Foi o creador do Théâtre Libre en París, compañía coa que, entre 1887 e 1894, realizou diversos espectáculos nos que desenvolveu e popularizou a corrente naturalista de Èmile Zola, presentando na capital de Francia a autores do relevo de August Strindberg, Henrik Ibsen ou Gerhart Hauptmann. No 1897 fundou o Théâtre Antoine e no 1906 foi nomeado director do Odeón. Pode considerarse un dos fundadores da dirección de escena como disciplina artística. As súas achegas van desde a consideración do deseño escenográfico, como un elemento determinante na posta en escena, ata cuestións tan relevantes na recepción, como a necesidade de apagar as luces da platea, palcos e outros espacios ocupados polos espectadores durante a función. Incorporado ao cine no 1914, o seu sentido do realismo avanzou o que moitos anos máis tarde sería a esencia do Neorrealismo italiano. Entre as súas obras destacan Les frères corses (Os irmáns corsos, 1916), Les travailleurs de la mer (Os traballadores do mar, 1918) e L´Arlésienne (A arlesiana, 1922).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Limoges

  • Deceso

    Lugar : Le Pouliguen, Bretaña