antropopiteco

antropopiteco

(< antropo- + gr πίϴηκος ‘mono’)

s m [PALEONT]

Animal pertencente ao hipotético xénero de mamíferos primates fósiles Anthropopithecus que viviu no Pleistoceno. Os transformistas considérano un antepasado do home, ao incluílo na liña filoxenética humana.