antroposofía

antroposofía

(< antropo- + gr σοϕία‘coñecemento’)

s f [FILOS/RELIX]

Corrente teosófica desenvolvida polo filósofo austríaco Rudolf Steiner, que postula a existencia dun mundo espiritual que é accesible ás facultades cognoscitivas latentes en todos os seres humanos. Para promover o coñecemento da “ciencia espiritual”, Steiner creou no 1912 a Sociedade Antroposófica.