antropotopónimo

antropotopónimo

(

s m [ONOM]

Topónimo que ten a súa orixe nun antropónimo. Os topónimos que teñen como orixe un nome persoal proceden, na súa gran maioría, de nomes de posesores ou fundadores. A toponimia de posesores é moi abundante en Galicia en comparación con outras rexións peninsulares, de tal xeito que se pode afirmar que un 10% do total dos topónimos galegos son antropotopónimos. O costume de dar o nome do propietario á terra posuída é moi antigo e xa se documenta no Antigo Testamento: Noé dálle o seu nome a unha aldea de Caná. Non obstante , foi a civilización romana a que lle deu carta de natureza a esta fórmula, recoñecéndoa oficialmente e empregándoa a cotío, pois o nome do propietario é a mellor maneira de identificar cada propiedade rural. En función disto, hai que ter en conta que o uso do antropónimo indica, a maioría das veces, unha relación de posesión entre o lugar e a persoa á que se refire.