antropoxénese
antropoxénese
(
-
s
f
[PALEONT/ANTROP]
Estudio da orixe e desenvolvemento do home.
-
s
f
[PALEONT/ANTROP]
Concepto empregado en diferentes escolas antropolóxicas para designar a aparición da especie humana. Termo usual no discurso finalista de Teilhard de Chardin para designar a aparición da intelixencia no transcurso da evolución. Na actualidade este termo ten un contido máis filosófico ca biolóxico, optándose polo termo menos ideoloxizado de hominización.