Anveres, marquesado de
Anveres, marquesado de
Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.