Anxilberte

Anxilberte

Poeta e funcionario da corte carolinxia. Membro da Academia Palatina coñecido polo alcume Homero que compuxo poemas históricos. Abade laico de Centula (790), ou Saint-Riquier, foi o restaurador da abadía, que baixo o seu goberno coñeceu a súa época máis florecente.