anxiomatose
anxiomatose
(< anxioma + -t- + -ose)
s
f
[PAT]
Afección xeneralizada caracterizada pola presenza de moitos anxiomas na pel e outros órganos. A anxiomatose cerebral está causada pola presenza de anxiomas calcificados situados no cráneo. A anxiomatose hemorráxica hereditaria ou enfermidade de Rendu-Osler-Weber caracterízase pola aparición de anxiomas na pel e nas mucosas, sobre todo na nasal, onde provoca hepistaxe de repetición; pode presentarse acompañada de anxiomas viscerais. A anxiomatose neurocutánea de Sturge-Weber caracterízase pola asociación dun anxioma á cara, con trastornos oculares e cerebrais.