anxioma
anxioma
-
s
m
[PAT]
Formación vascular de tipo conxénito, causada pola falta de evolución do sistema circulatorio periférico embrionario, formada por un conglomerado de vasos capilares (hemanxioma) ou linfáticos (linfanxioma).
Confrontacións: tumor. -
anxioma cavernoso
[PAT]
Hemanxioma subcutáneo ou submucoso formado por tecido conxuntivo que limita espacios cheos de sangue.
-
anxioma senil
[PAT]
Hemanxioma propio dos anciáns formado por capilares de paredes débiles que determinan masas facilmente comprimibles.