Aparicio, Víctor
Aparicio, Víctor
Víctor María Aparicio Abundancia. Pintor, músico e cantante. A súa actividade artística céntrase no campo da plástica -exposición na galería Ad Hoc de Vigo (1998)-, da música -é cantante do grupo Los coyotes- e da poesía. En 1981 comezou a súa carreira musical, coincidindo coa movida viguesa e coa movida madrileña. Achegouse tamén ao público infantil galego a través das súas colaboracións no programa Xabarín Club, para o que gravou diversos temas. O seu tema "Jaguarundi" foi o escollido por Televisón Española como banda sonora da Vuelta Ciclista a España de 1995. Ten no mercado diversos CDs: Lucha de migajas (2000), ¿A qué viene ahora silbar? (2004), Dos años luz y cuarto (2010) e De pueblo y de río (2014).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tui