apatito

apatito
s f [MINERAL]

Fluofosfato de calcio (PO4)3FCa5, ás veces con parte de clorofosfato de calcio (PO4)3ClCa5 en mestura isomorfa. Cristaliza no sistema hexagonal e toma formas prismáticas ou tubulares. Ten aspectos diferentes, desde incoloro e transparente ata moi escuro e opaco. As variedades amarela verdosa (esparragolita) e verde azulada (moroxita) son as máis importantes. Presenta un brillo vítreo. É fosforescente ao quentarse. É a materia prima principal para a obtención de ácido fosfórico. Atópase asociada a rochas magnéticas diversas.

Palabras veciñas

aparvar | apatía | apático -ca | apatito | apátrida | apaxar | apazugar