apátrida
apátrida
(< gr ἄπατρις,-ιδος ‘sen patria’)
-
adx
Que non ten ningunha nacionalidade.
Confrontacións: antipatriota. -
s
[DER]
Persoa individual que non ten nacionalidade. Esta situación prodúcese por un posible conflito negativo das leis de adquisición da nacionalidade ou pola existencia duns motivos legais de perda da nacionalidade (incluída a sanción penal), sen prever a posibilidade de adquirir outra.
Confrontacións: antipatriota.