apelativo -va

apelativo -va

(< lat appellatīvu)

  1. adx

    Que serve para designar a todos os individuos dunha especie.

    Confrontacións: denominación, designación.
  2. s m

    alcume.

  3. función apelativa [LING]

    Termo empregado por K. Bühler para designar unha das funcións que realiza a linguaxe, a fin de chamar a atención do receptor no momento de iniciar un proceso lingüisticamente comunicativo. A miúdo son sintagmas independentes cos que se inicia o proceso de comunicación.

    Ex: Que di agora vostede?

Palabras veciñas

apeladoira | apelante | apelar | apelativo -va | apelatorio -ria | Apeldorn | Apeles