apenínico -ca

apenínico -ca

(< topónimo Apeninos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos Apeninos.

  2. cultura apenínica [PREHIST]

    Cultura prehistórica localizada ao longo do cordal dos Apeninos, que ocupa boa parte da Península Itálica, da Época do Bronce medio e recente (1400-1100 a C). Constituía unha sociedade agropecuaria caracterizada por poboacións de urbanismo de cabanas circulares e necrópoles de sepulcros en foxas e covas artificiais. A súa derradeira fase denomínase ‘subapenínica’. Será un dos alicerces da cultura etrusca.

Palabras veciñas

apendicular | apendicularia | apendoar | apenínico -ca | Apeninos | apeo | APEP