apertar
(
-
v t
Exercer unha forza ou presión sobre un obxecto.
Ex: Tes que apertar durante moito tempo para que acenda o ordenador.
Sinónimos: premer. -
v t
Cinguir a alguén entre os brazos exercendo certa presión.
Ex: Despois de tantos anos, cando me viu apertoume con moitísima forza.
Sinónimos: estreitar. -
v t
Tirar dunha corda ou dun nó polos extremos estreitando o paso.
Ex: Aperta ben os cordóns dos zapatos para non caer.
-
v t
Facer máis compacta algunha cousa comprimíndoa.
Ex: Apertou a area dun molde para que lle saíse unha bonita figura.
Sinónimos: amagar, amazocar. -
v t
Mover un mecanismo coa intención de achegar ou fixar dúas pezas do mesmo.
Ex: Aperta ben eses rodamentos para que non se mova.
-
v t
Pechar dun xeito firme e seguro.
Ex: Aperta ben a man coa miña e xa verás como non doe.
-
v t
Obstaculizar a evacuación do intestino.
Ex: Por mor do exame apertoulle o ventre e non se encontra nada ben.
Confrontacións: estrinxir. -
v t
Espremer con forza.
Ex: Apertei a laranxa ó máximo ata que puiden obter o seu zume.
-
v t
Esixirlle a alguén o máximo que poida dar.
Ex: O profesor de galego é o que menos aperta os alumnos a final de curso.
-
v t
Influír con coaccións, ameazas ou rogos sobre unha persoa para que realice algo concreto.
Ex: Estíveno apertando ó máximo pero dixo que non quería responsabilidades.
-
v i
Quedar moi xusto un obxecto a unha persoa.
Ex: Como engordei, todos os pantalóns me apertan e non estou cómodo.
-
v i
Darse présa para chegar a tempo.
Ex: Aperta o ritmo das pedaladas se queres que cheguemos ó cume antes da noite.
-
v i
Manifestarse de forma moi intensa, sentíndose moi directamente.
Ex: Isabel pasou unha mala fin de semana por mor dunha dor de moas que lle apertaba.
-
v pron
Colocarse uns xunto a outros.
Ex: Apértome un pouco a ti para que os demais poidan entrar no coche.
-
v pron
Sentir dificultades para evacuar o intestino.
Ex: Apertouse despois do xantar e agora non sae do cuarto de baño.
Confrontacións: estrinxir.
Frases feitas
-
Apertar a bolsa/o cinto. Economizar.
-
Apertar a facer algo. Facelo con constancia e interese.
-
Apertar as pernas. Fuxir a escape.
-
Apertar o gañote. Aforrar.
-
Apertar o paso. Andar máis á présa.
-
Apertar(lle) as botas/as caravillas/as cuñas/as costuras/os nocelos. Recriminar; meter nun apuro a alguén."
Formas incorrectas
apretarPalabras veciñas
apertado -da | apertador -ra | apertamento | apertar | apertarrabos | apertegar | apertoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aperto
apertas
aperta
apertamos
apertades
apertan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertaba
apertabas
apertaba
apertabamos
apertabades
apertaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertei
apertaches
apertou
apertamos
apertastes
apertaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertara
apertaras
apertara
apertaramos
apertarades
apertaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertarei
apertarás
apertará
apertaremos
apertaredes
apertarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertaría
apertarías
apertaría
apertariamos
apertariades
apertarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles aperte
apertes
aperte
apertemos
apertedes
aperten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertase
apertases
apertase
apertasemos
apertasedes
apertasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertar
apertares
apertar
apertarmos
apertardes
apertaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
aperta
-
-
apertade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles apertar
apertares
apertar
apertarmos
apertardes
apertaren
apertada
apertados
apertadas