apertado -da
apertado -da
(< apertar)
-
p reg
de apertar.
-
adx
Que aperta, facendo forza ou presión.
Ex: Este xersei quédame moi apertado.
-
adx
Que a diferencia entre unha cousa e outra é moi axustada.
Ex: A vitoria local foi moi apertada.
-
adx
Que ofrece dificultades.
Ex: Aínda non cobrei e este mes preséntase apertado.
-
adx
Que non lle gusta gastar diñeiro.
-
[TÉXT]
-
adx
Que ten pouca largura ou é de escasas dimensións.
-
s
m
Fixado, especialmente nos tecidos de algodón.
-
adx
Frases feitas
-
Estar apertado. Estar en perigo, nunha situación de risco ou difícil.
-
Verse apertado. Atoparse ante unha gran dificultade.
-
Vir apertado. Non quedar ben unha cousa. Ex: Este vestido vénme apertado, necesito un talle máis.