apertado -da

apertado -da

(< apertar)

  1. p reg

    de apertar.

  2. adx

    Que aperta, facendo forza ou presión.

    Ex: Este xersei quédame moi apertado. 

  3. adx

    Que a diferencia entre unha cousa e outra é moi axustada.

    Ex: A vitoria local foi moi apertada. 

  4. adx

    Que ofrece dificultades.

    Ex: Aínda non cobrei e este mes preséntase apertado. 

  5. adx

    Que non lle gusta gastar diñeiro.

  6. [TÉXT]
    1. adx

      Que ten pouca largura ou é de escasas dimensións.

    2. s m

      Fixado, especialmente nos tecidos de algodón.

Frases feitas

  • Estar apertado. Estar en perigo, nunha situación de risco ou difícil.

  • Verse apertado. Atoparse ante unha gran dificultade.

  • Vir apertado. Non quedar ben unha cousa. Ex: Este vestido vénme apertado, necesito un talle máis.

Palabras veciñas

aperitivo | aperta | apertado -da | apertado -da | apertador -ra | apertamento | apertar