Apia, Via
Apia, Via
Camiño romano que levaba de Roma a Capua. Leva o nome de Apio Claudio, que principiou a súa construción no 312 a C. Despois do 268 a C foi prolongada ata Brindisi. Estaba flanqueada por monumentos sepulcrais, en parte aínda existentes, como a tumba de Cecilia Metela.