apostasía

apostasía

(< lat apostasĭa < grἀποστασία‘separación’)

  1. s f [RELIX]
    1. Acción de abandonar alguén a relixión que profesa xeralmente para adherirse a outra.

      Confrontacións: deserción, renuncia.
    2. Rexeitamento total da fe cristiá, unha vez recibido o Bautismo.

      Confrontacións: deserción, renuncia.
  2. s f [RELIX]
    1. Para un relixioso, abandono, sen dispensa, dos votos solemnes.

      Confrontacións: deserción, renuncia.
    2. Para un ordenado in sacris, abandono das ordes, sen licencia, e retorno á vida laica.

      Confrontacións: deserción, renuncia.
  3. s f

    Acción de desertar, de abandonar unha doutrina, un partido, unha agregación calquera.

    Confrontacións: deserción, renuncia.

Palabras veciñas

aposta | apostante | apostar | apostasía | apóstata | apostatar | apostático -ca